Monday 13 de May de 2024

O Concello pon en marcha a campaña de sensibilización #DOUOPASO, con motivo do Día Internacional da Muller


A iniciativa pretende fomentar a concienciación cidadá e a implicación de homes de todas as xeracións a favor da igualdade e o respecto

O Concello da Coruña, a través da área de Servizos Sociais que dirixe Miguel Lorenzo, informa de que, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o próximo 8 de marzo, puxo en marcha unha campaña de sensibilización sobre a igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida cotiá. A iniciativa, impulsada dende o Centro de Información á Muller (CIM), pretende fomentar a concienciación cidadá e a implicación de homes de todas as xeracións a favor da igualdade e o respecto.
Así, dende hoxe e ao longo de todo o mes de marzo, baixo o nome #DOUOPASO, se coordinarán unha serie de accións complementarias nas que busca implicar de xeito activo a todos os colectivos e persoas da cidade:
– Publicación dun decálogo de boas prácticas no que se recollen condutas cotiás desenvolvidas polos homes para favorecer a igualdade en fogar, na oficina ou á hora de educar os fillos e fillas:
1. Eu comparto as responsabilidades do fogar.
2. Eu celebro os éxitos da miña compañeira.
3. A min gústame que a miña noiva teña o seu propio estilo.
4. Eu teño en conta os desexos sexuais da miña parella.
5. Eu aprendo coas achegas das compañeiras do colexio.
6. Eu estou a favor das reunións en horario laboral para non prolongar a xornada e favorecer a conciliación.
7. Eu xogo coas nenas no recreo.
8. Eu non fago chistes machistas.
9. Eu non adulo ás mulleres pola rúa.
10. Eu emprego unha linguaxe que inclúe as mulleres.
– – Activación dunha campaña participativa a través das redes sociais. A semana pasada, o CIM deu un salto a Facebook e Twitter(www.faceboo.com/cimcoruna e @CIMCoruna). A través destes perfís, iníciase hoxe unha campaña -activa ata finais do mes de marzo- para invitar, homes e mulleres de todas as idades, a facerse unha foto cun cartel no que mostren as súas condutas cotiás a favor da igualdade e compartila empregando o hashtag#DOUOPASO.
– Activación dunha campaña de dinamización en diferentes centros cívicos da cidade durante o mes de marzo. Dende mañá, martes 3 de marzo, diferentes centros cívicos da cidade contarán cunha serie de carteis que reflicten as condutas dos homes a favor da igualdade contidas no decálogo. Estes carteis encontraranse na entrada dos centros apra que calquera persoa poida realizarse unha foto con eles e compartila en Facebook e Twitter, utilizando ohashtag #DOUOPASO, ou para enviala a través do correo electrónico corunacim@gmail.com e que o CIM poida publicala. Os centros cívicos seleccionados son os do Castrillón, Eirís, Elviña,Labañou, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Os Mallos, Novoboandanza,Palavea, Roseiras e San Diego.